Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Mercado solidario Cáritas Bueu

Evento xa rematado

  • Estará no baixo da r/ Pazos Fontenla, 40, do 11 ao 18 de agosto, en horario de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 horas

Un ano máis, Cáritas Bueu organiza o mercado solidario de verán, que se desenvolverá do 11 ao 18 de agosto nun baixo comercial da rúa Pazos Fontenla, 40,  e que ten por lema “Ayúdanos a ayudar”. O horario será de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 horas, e as persoas que se acheguen poderán facerse, entre outros, con produtos de electrónica, roupa, xoguetes ou libros, que foron doados por persoas particulares e institucións públicas e privadas.

Esta iniciativa, que xa conta cun percorrido de máis de dez anos, ten dous propósitos: obter máis fondos para a atención prestada ás familias durante todo o ano, e dar a oportunidade de que as persoas bueuesas e visitantes se sintan colaboradoras desta acción social que é posible grazas á doazón de produtos de forma solidaria por parte do comercio local e as persoas voluntarias.