Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Mercadiño solidario de verán Cáritas

Evento xa rematado

Un ano máis, Cáritas Bueu organiza un mercadiño solidario de verán, que se desenvolverá do 9 ao 11 de agosto na Sala Amalia Domínguez Búa e que ten por lema “Se queres cambiar o sentido dunha sociedade de valores, acepta a todos por igual sen pedir nada a cambio”. O horario será de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.30 horas, e as persoas que se acheguen poderán facerse con produtos de electrónica, roupa, xoguetes, etc, que foron doados por persoas particulares e institucións públicas e privadas.

Esta iniciativa, que xa leva un percorrido de máis de sete anos, ten dous propósitos: obter máis fondos para a atención prestada a un total de cincuenta familias durante todo o ano, e dar a oportunidade de que as persoas bueuesas e visitantes se sintan colaboradoras desta acción social.