Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

IX Bandeira Traineriñas

Evento xa rematado

  • No evento participan embarcacións de Pontevedra nas categorías cadetes, xuvenís e absoluta tanto en masculino como en feminino
  • O percorrido sairá do peirao de Bueu cara a zona de Portomaior e comezará ás 17.00 horas

Bueu acollerá o próximo sábado, 4 de maio, a regata IX Bandeira de Traineriñas, unha proba organizada polo Club do Mar Bueu Simei e o Concello de Bueu, que se poderá seguir dende o peirao da vila a partir das 17.00 horas e na que participarán un total de 41 embarcacións pertencentes a once clubs.

No campionato participarán traiñeiriñas das categorías cadetes, xuvenís e absoluta, tanto en masculino como en feminino, e cuxos barcos gañadores se farán coas correspondentes bandeiras conmemorativas da proba.

A organización agarda a participación dunha corentena de embarcacións dos clubes da Zona Territorial Sur. Segundo os datos do Club do Mar Bueu, os clubs que competirán coas diversas embarcacións son Bueu, Samertolameu, Chapela, Mecos, Robaleira, Tirán, Cesantes, Virxe da Guía, Coruxo, Vilaxoán e Moaña.  

O percorrido consta de 3500 metros e irá dende o peirao de Bueu cara a praia de Portomaior, e a organización agarda contar con arredor de trescentos remeiros e remeiras.