IV Encontro Internacional de Arte Efémera
Evento xa rematado
-
Inicio
26 julio, 2019
Evento todo o día -
Fin
28 julio, 2019
Evento todo o día
Delegacións de todo o mundo participarán no Encontro Internacional de Arte Efémera que se celebrará en Bueu do 26 ao 28 de xullo. Organizado pola Comisión Xestora Internacional de Arte Efémera, a Asociación Cultural das Alfombras de Bueu, o Concello e a Deputación de Pontevedra, este encontro ten como fonte de inspiración temática a unión entre os camiños que existen en todos os lugares do mundo e que fomentan o intercambio cultural.
No encontro, que leva por título “O camiño das estrelas ao seu paso por Bueu”, está confirmada a presenza de delegacións da India, Malta (Illa de Gozo), tres de Italia (Noto, Camaiore e Torricella) dúas de Portugal (Belinho e Viana do Castelo) e unha do país alemán. Tamén asistirán a Federación Catalana de Catiffaires, outra de Carrión de los Condes (Palencia), Ponteareas, Rianxo, Burela, Cangas, Moaña e Bueu.