Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Inauguración exposición ‘O océano que nos une’

Evento xa rematado

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra e o Concello de Bueu organizan a exposición ‘O océano que nos une’, cuxa inauguración terá lugar o martes 10 de decembro, ás 19.00 h, no 2º andar da Praza de Abastos. No acto estarán presentes Guillermo González, xerente do GALP Costa da Morte e coordinador do proxecto Morada Atlántica, María Carmen Vázquez Nores, presidenta do GALP Ría de Pontevedra, Laura Nieto Zas, xerente do GALP Ría de Pontevedra, e Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo de Bueu.

A mostra está formada por dez paneis cos contidos máis significativos dos espazos que integraron a rede REMA na súa primeira fase.