Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Inauguración exposición ‘Bandas de Pontevedra. Homenaxe ás bandas da provincia’

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza a Semana da Música entre o 18 e o 24 de xuño. As actividades arrancarán o luns, 18 de xuño, coa inauguración da exposición ‘Bandas de Pontevedra Homenaxe ás bandas da provincia’, que se poderá ver ata o 2 de xullo no primeiro andar da Praza de Abastos. A mostra, posta en marcha pola Deputación de Pontevedra, ten como finalidade revalorizar a riqueza cultural deste tipo de agrupacións musicais e en particular as dos concellos, de aí a colaboración da Banda de Música Artística de Bueu. Na creación desta exposición, tívose en conta a particularidade de que Pontevedra é a segunda provincia do Estado español con maior número de bandas, só por detrás de Valencia.