Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

III Magosto Popular e Festa Samaín

Evento xa rematado

A Asociación Costumes de Cela e o Concello de Bueu organizan o 30 de outubro o III Magosto Popular e Festa Samaín, que terá lugar a partir das 16.30 horas no Adro de Cela.

Entre as actividades propostas haberá exposición e concurso de cabazas terroríficas, castañas de balde, animación e xogos con «Animación Mimos», bebidas e chocolate quente e actuación do grupo bueués «Os Palleta Mollada».