Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

II Festival Art For Change

Evento xa rematado

O IES Johan Carballeira, coa colaboración do Concello de Bueu e outras entidades, organiza o II Festival solidario e artístico Art For Change, que promove este centro por segundo ano consecutivo. Este encontro de arte e cultura celebrarase o sábado 29 de abril na céntrica Praza Massó, e a dinámica será semellante á primeira edición.

A idea é que o que se recade na feira do 29 de abril se destine á asociación galega 13 GRADOS, que se dedica á divulgación e á conservación do medio mariño, e á ONG Save the Children, que aborda as necesidades dos nenos e nenas, ofrecéndolles un comezo saudable na vida, a oportunidade de aprender e protección fronte ao dano.