Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

II Bandeira Concello de Bueu Gran Premio Teccarsa- Rehau- Roto

Evento xa rematado

O día 24 de agosto de 2019 ás 18:00 horas, dará comezo a «II BANDEIRA CONCELLO DE BUEU GRAN PREMIO TECCARSA-REHAU-ROTO», décimo sétima proba puntuábel da Eusko Label Liga 2019. A proba realizarase polo sistema en liña, a catro longos e tres ceavogas cun percorrido de 5.556 metros. As quendas distribuiranse conforme á Clasificación Xeral da Eusko Label Liga, segundo marca o Art. 11 da Normativa de Competición, os catro últimos clasificados competirán na primeira quenda e así sucesivamente. A reunión de delegados terá lugar ás 16:30 horas no Centro Social do Mar. Na mesma sala procederase ao sorteo de carreiros de cada quenda.