I Xuntanza de Mulleres Rurais
-
Data
12 setembro, 2026
-
Hora
11:00 am - 11:00 pm
- O evento celebrarase durante todo o día e incluirá actuacións musicais, obradoiros, exposicións e xantar
O Parque Ramal dos Galos de Bueu acollerá o sábado 12 de setembro a I Xuntanza de Mulleres Rurais, un evento que organiza a Asociación de Mulleres Rurais Mar e Agro e que conta coa colaboración do Concello de Bueu, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia, Federación de Mulleres de Pontevedra (FEMUPO), Asociación Juan XXIII e Asociación Moteiros do Morrazo.
A xornada, que se pretende que se estableza no calendario para vindeiros anos, abrirase ás 11 horas cun acto institucional a cargo das autoridades asistentes. Xa a continuación actuará o grupo Axé Bahía e despois haberá un espazo creativo con diferentes actividades simultáneas, como obradoiros de gancho, de pulseiras e abalorios, de taichi, de percusión, de pilates, xogos tradicionais (chave, carreira de sacos, tira da corda, e outros a cargo da Asociación Juan XXIII, ademais de petanca. Ás 14 horas celebrarase un xantar popular cun menú pensado para a ocasión, que inclúe empanada galega, arroz de mariscos, bebida, sobremesa e pan e que ten un custe de 15 euros por persoa. Para participar nel poderán mercarse pases antes do 8 de setembro a través da Asociación ou ben chamando ao 628649357.
Pola tarde, Breogán Pérez impartirá ás 16 horas unha xornada de baile. A continuación haberá un espectáculo de humor con Leti de Taberna. Ás 18.30 horas será a quenda dunha merenda e serán a cargo de Asociación Cultural Novos Ventos de Beluso. O fin de festa será coa verbena de Dúo Coctail.
No espazo da festa haberá diversas actividades e demostracións complementarias, como unha mostra de fotos antigas do traballo desenvolto pola asociación ao longo dos seus máis de trinta anos de vida, outra de venda de produtos artesanais da Asociación Juan XXIII, un mercadiño artesanal de produtos de proximidade e artesanais e unha exposición fotográfica a cargo de Salvador Santos ‘Charri’.