I Xornadas pola diversidade afectivo – sexual: presentación libro «22 segundos» de Eva Mejuto e inauguración xogos
Evento xa rematado
-
Data
30 junio, 2018
-
Hora
1:00 pm - 2:30 pm
-
Praza Massó
Praza Massó, s/n, 36930, Bueu
O sábado 30 de xuño os actos trasladaranse á Praza Massó, onde a partir das 13.00 h está programado un coloquio literario con Eva Mejuto arredor do seu libro 22 segundos (Xerais) no que relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe –sen poñerlle etiquetas– que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis –e a sociedade– deixen de consideralas enfermas.
Seguidamente, e como broche final, inaugurarase o “Espazo pola diversidade afectivo-sexual”, composto por xogos, con deseño de Ana Seoane, que emulan os de mesa e que buscan lograr a concienciación a favor dos dereitos das persoas do colectivo.