Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

I Xornadas pola diversidade afectivo – sexual: coloquio «Diversidade sexual: dereitos e adversidades»

Evento xa rematado

O venres 29 de xuño a Sala Domínguez Búa acollerá ás 19.30 horas unha charla – coloquio divulgativa na que se falará sobre a “Diversidade sexual: dereitos e adversidades”, coas intervencións de Inés del Río, membro de Médicos do Mundo Galicia que nos falará sobre a diversidade de xénero na infancia e na adolescencia; Adriana Echeverría, de Amnistía Internacional, que presentará a loita polos dereitos LGTB no mundo; e Diego Quintela Sesar, de Avante LGTB, que abordará a situación en Galicia e o proxecto do que forma parte.