Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

I Trofeo Patinaxe de Artística Vila de Bueu

Evento xa rematado

  • Este sábado celebrarase o I Trofeo Concello de Bueu de Patinaxe Artística no Pavillón Municipal Pablo Herbello

O Club Ánfora e o Concello de Bueu, entre outras entidades, organizan este sábado, 14 de xullo, o I Trofeo de Patinaxe Artística no Pavillón Municipal Pablo Herbello co obxectivo de intentar institucionalizar un campionato de apoio desta disciplina.

Segundo Covelo, trátase de dar cabida ao maior número de patinadores/as das escolas de Bueu, Cangas e Marín. As probas disputaranse a partir das 10 horas nos diversos niveis, desde o I ata o 8, ademais do absoluto masculino e grupos show, cun cento de participantes.