Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Homenaxe vítimas do golpe militar de 1936

Evento xa rematado

A Asociación de Amigos de Johán Carballeira organiza o venres, 31 de xullo, unha homenaxe aos represariados a raíz do levantamento militar de xullo de 1936. O acto, que habitualmente ten lugar no mes de abril, coincidindo coa data do fusilamento de Johán Carballeira, tivo que adiarse debido ao estado de alarma e o confinamento establecidos pola Covid-19.

Ás 20.30 h terá lugar a tradicional ofrenda floral diante do monumento colocado na entrada da praia da Banda do Río, e a continuación o acto trasladarase á Praza Massó, onde intervirán as poetas Lucía Novas e Daniel Costas, e pecharase cunha actuación musical de Lía Vilas ao violín.

A homenaxe deste ano centrarase nas figuras de Francisco García Villanueva, concelleiro da corporación de 1936 e detido o 31 de xullo e paseado en decembro dese ano; e José Ferradás Pastoriza, veciño de Bueu que morreu no campo de exterminio nazi de Mauthausen.