Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Homenaxe a Matilde Bares

Evento xa rematado

No marco das actividades organizadas polo Día Internacional das Mulleres, o domingo, 11 de marzo, a partir das 18 horas celebrarase un acto de inauguración da placa conmemorativa de Matilde Bares, quen fora mestra de Bueu, na rúa que leva o seu nome acompañada do grupo musical “Xonxas”. De seguido, ás 18.30 horas, o profesor e historiador local Don Arturo Sánchez Cidrás impartirá unha conferencia sobre a figura de Matilde Bares no Centro Social do Mar, e como colofón, arredor das 19.30 horas, o grupo de teatro moañés “Moito morro” representará unha obra que trata o tema da igualdade.