Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

«Hocus pocus» do Mago Paco

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza todos os martes de xullo e agosto un programa de monicreques para levar a cultura por todos os lugares e parroquias do municipio. Así, o 30 de xullo, terá lugar ás 21.00 no exterior do Estaleiro da Banda do Río a representación do espectáculo de maxia «Hocus pocus» a cargo do Mago Paco.

A maxia do Mago Paco caracterízase pola posta en escea de elementos visuais e moi chamativos que provocan unha dinámiza constante enriba do escenario, e co que os máis pequenos e pequenas pdoerán xogar, rir, saltar e vivir emocionantes aventuras.