Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Gala de homenaxe alfombristas

Evento xa rematado

O domingo 12 de maio celebrarase a Gala Homenaxe aos Alfombristas veteráns, que terá lugar no Centro Social do Mar ás 19.00 horas. Como vén sendo habitual dende fai cinco anos, entregarase un agasallo ás diversas persoas e colectivos que colaboraron dende sempre para manter viva esta tradición que forma parte da cultura popular. Así mesmo, e segundo avanzan desde a Asociación, vanse proxectar vídeos da actividade dos últimos meses.

Entre as persoas homenaxeadas están Israel Otero e Teresa Otero, matrimonio que desde sempre realizaron o tapiz floral da rúa Ramón Bares ou Mari Luz Dopazo Cerviño, quen leva toda a vida confeccionando a alfombra da rúa Pazos Fontenla, tramo das “Casas baratas”. Os outros nomes coñeceranse no propio día do acto.