Freguifesta de Sanamedio
Evento xa rematado
-
Data
7 agosto, 2020
-
Hora
8:00 pm - 11:00 pm
O Concello de Bueu continúa coa organización das freguifestas polas diversas parroquias e lugares do municipio, co obxectivo de que as tradicións e verbenas populares se manteñan.
O 7 de agosto celebrarase a Freguifesta de Sanamedio (Bon, Beluso). Os actos arrancarán ás 20.00 h no recinto exterior da escola co espectáculo familiar «Sabela e o paxaro máxico» de Tarabelos Títeres, na que se reflexiona sobre a necesidade de rachar os estereotipos de xénero. Xa ás 22.00 h arrancará a verbena cos grupos Distrito 7 e Naboeiro.
Esta freguifesta conta coa colaboración da Asociación Cultural de Sanamedio e do Bar Onza de Beluso.