Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Freguifesta de Ermelo

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza o 25 de xullo a freguifesta de Ermelo, un evento que busca celebrar a festividade de Santiago Apóstolo, e que nos traerá música, actividades para a rapazada e homenaxes á veciñanza.

Xa ás 10 horas está programada unha ruta de sendeirismo guiada pola zona, pero os actos comezan oficialmente ás 12 horas coa actuación de Retrouso de Cela. A continuación celebraranse os oficios relixiosos e a orquestra Distito 7 dinamizará unha sesión vermú.

Pola tarde, ás 18 horas, o artista local Marc Taeger impartirá un obradoiro artístico para a cativada. Ás 20.00 horas, o Concello homenaxeará aos veciños Manuel Barreiro Boubeta e María Paredes Miranda. E a festa rematará coas actuacións de Os Palleta Mollada e Distrito 7.