Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Freguifesta de Cela

Evento xa rematado

O Concello de Bueu continúa coa aposta pola recuperación das festas tradicionais das parroquias. O domingo 29 de agosto é a quenda da Freguifesta de Cela, que terá lugar no Eirado de Cela. Os festexos comezarán ás 20.00 h cun obradoiro de debuxo para a cativada a cargo de Marc Taeger, e continuarán coas actuacións de Retrouso e Distrito 7.

Todas as actividades manterán as medidas Covid-19, con uso obrigatorio de máscara, distancia interpersoal, e aforo limitado e controlado con cadeiras.