Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Freguifesta de Cela

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza o domingo 30 de agosto a Freguifesta de Cela, que se celebrará no Recinto de Festas do Igrexario. O programa comezará ás 20.00 h, cun espectáculo de contapintacontos a cargo de Marc Taeger e Olalla González, para dar paso ás 21.00 h a unha actuación do grupo Retrouso de Cela.

Para rematar terá lugar unha verbena co grupo Distrito 7.

Durante estas actividades, o Concello garantirá o cumprimento de todas as medidas de seguridade e hixiene anticovid, e por iso será obrigatorio o uso de máscara a partir dos 6 anos, e manterse sentado nas cadeiras agás durante a verbena.