Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Finais Copa Galicia Base de Fútbol Sala

Evento xa rematado

Bueu convértese o próximo domingo, 11 de xuño, no Concello responsable da celebración das ‘Finais Copa Galicia Base Fútbol Sala’. A xornada futbolística celebrarase no Pavillón Municipal Pablo Herbello e recibirá a equipos de diferentes categorías e concellos, que se trasladarán ata Bueu para competir pola copa.

No evento de fútbol sala haberá catro categorías, tres masculinas e unha feminina. En todas elas, competirán para adquirir a Copa Galicia. O primeiro partido executarase pola mañá, concretamente ás 12.30 horas. Este primeiro encontro será feminino, a categoría Cadete Feminina F.S., na cal o F.S.F. CASTRO CARNEMAX e o E.D. POIO PESCAMAR F.S. disputarán polo triunfo. O resto de partidos celebraranse pola tarde, comezando ás 16 horas coa Copa Galicia Infantil F.S., na que participarán o S.D.C y R. NARÓN O FREIXO contra o CARBALLIÑO F.S. A continuación, ás 18 horas a Copa Galicia Alevín F.S. disputarase entre PELUQUERÍAS VERO’S O PARRULO “A” contra o CLUB DEPORTIVO LA PEÑA L.P. Para concluír a xornada futbolística, ás 20 horas PESCADOS RUBEN BURELA F.S e CARBALLIÑO F.S. xogarán para conseguir a Copa Galicia Cadete F.S.