Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Filloada en Meiro

Evento xa rematado

A actividade terá lugar o 13 de febreiro na Casa da Aldea de Meiro

O martes 13 de febreiro terá lugar a tradicional Filloada de Meiro, na Casa da Aldea. Ás 16.00 horas comezarán a elaborarse as filloas e a partir das 18.00 horas poderanse degustar gratuitamente. A continuación poderanse ver as actuacións das comparsas de Bueu.
A actividade está organizada pola Asociación de Veciños A Morada.

Entrada libre.