Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

FICBUEU: Radio con «El cine de loqueyotediga»

Cartel FICBUEU 2019

Evento xa rematado

El cine de loqueyotediga iniciara a súa andaina hai trinta anos na radio convencional e hoxe é un exitoso podcast cinematográfico, conducido e dirixido por Nacho Gonzalo. Alén das súas seccións habituais, o equipo do programa entrevistará a algúns dos nosos convidados internacionais: o director portugués Vasco Sá, o realizador romanés Bogdan Mureșanu, a actriz finlandesa Hannamaija Nikander, o cineasta británico Charlie Manton e o director galego Andrés Goteira. A sesión terá lugar o 12 e 13 de setembro, ás 18.15 horas no Punto de Encontro (Sala Domínguez Búa).