Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

FICBUEU: Encontro con Mabel Rivera

Evento xa rematado

O domingo, 9 de setembro, no marco da programación do FICBUEU, a actriz galega Mabel Rivera manterá un encontro cos e coas asistentes ás 12.30 h no Centro Social do Mar

O Encontro con Mabel Rivera desenvolverase a xeito de entrevista, na que o público está convidado a participar. A conversa, tras a que a actriz recollerá o Premio Cinema Galego 2018, completarase coa proxección de dúas curtametraxes protagonizadas por ela: Dantzariak (‘Bailaríns’) e Ato San Nen (‘Despois’). Mabel Rivera é un dos rostros máis recoñecidos do audiovisual galego, cunha ampla traxectoria en series de televisión coma Pratos combinados, aínda que tamén ten traballado como presentadora ou dobradora. No cinema obtivo un Goya a Mellor Actriz de Reparto polo seu papel en Mar adentro, de Amenábar.