Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

FICBUEU: Café con Proxecta

Cartel FICBUEU 2019

Evento xa rematado

O FICBUEU 2019 ofrecerá ademais no Punto de Encontro outro tipo de foros con profesionais da cinematografía. Tal é o caso de ‘Achegándonos, un café con Proxecta’, organizado en colaboración coa Coordinadora Galega de Festivais de Cinema (Proxecta). A mesa redonda, que terá lugar o sábado 7 ás 10.30 horas, xirará arredor do papel do voluntariado neste tipo de certames e os desafíos que supón a súa xestión.