Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Festival Letras Galegas en Cela

A Asociación Cultural Costumes de Cela tamén celebra as Letras Galegas, e por iso organizan o 21 de maio un festival que se celebrará a partir das 17.30 horas no Eirado de Cela. Alí terá lugar a representación teatral de “Sabela e o paxaro máxico” da compañía Tarabelos Teatro. Despois entregaranse os premios do concurso de microrrelatos e de debuxo, e rematará a xornada coa actuación do grupo tradicional Retrouso, e coa animación e xogos tradicionais para a cativada a cargo de Barafunda Teatro.