Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Festival Internacional ‘O Folclore do mar’

Evento xa rematado

  • A partir das ás 22 horas, a Praza Massó acolle as actuacións do grupo serbio RKUD “Jedinstvo” e os moañeses Meiramar – Axóuxeres

O Concello de Bueu organiza o vindeiro martes, 17 de xullo, o Festival Internacional ‘O folclore do mar’, que se celebrará na Praza Massó ás 22.00 horas e no que actuarán o grupo serbio RKUD “Jedinstvo” e os moañeses Meiramar – Axóuxeres.

Segundo declara o concelleiro de cultura, Xosé Leal, a iniciativa, que xa vén sendo habitual no calendario estival bueués, conta cun triplo obxectivo. Dunha banda, poñer en contacto á mocidade de distintas culturas, así como dar a coñecer outras culturas e músicas ao público da vila e axudar ao mantemento da tradición musical dos pobos.

O conxunto de danzas serbio, cuxos comezos datan de antes da Segunda Guerra Mundial, ofrecerán un rico repertorio que incluirá danzas e pezas das rexións de Banat, Sumadija, Leskovac, Svrljig, Bosilegrad, Vranje, Crnorecje, Kosaonica ou Sopska, entre outros. A través deles, o público poderá coñecer mellor a cultura serbia.

Acompañando no escenario estarán o grupo Meiramar – Axóuxeres, con xerme na parroquia moañesa de Meira e que ten como obxectivo principal recuperar e difundir o folclore e a cultura popular galega a través de festivais coma estes.  Dende a súa creación representou o folclore galego en diversos festivais, tanto dentro de Galiza coma no resto do Estado e en diferentes países europeos como: