Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU)

Cartel FICBUEU 2019

Evento xa rematado

O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu nace en 2008 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto. A crecente creatividade detectada en Galicia, en Europa e no resto do mundo, non se correspondía coa limitada oferta da nosa contorna, copada polas producións comerciais, as grandes distribuidoras e os países desenvolvidos. O FICBUEU chega para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público.

En 2019, o Festival celebrará a súa duodécima edición cunha intensa e coidada programación.  O Centro Social do Mar acollerá un cento de proxeccións entre o 6 e o 14 de setembro, pero tamén haberá múltiples actividades paralelas das que gozar. Sen dúbida, un plan perfecto para despedir o verán.

Máis info na web do festival.