Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Festas San Martiño domingo

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza un amplo programa de actividades para celebrar as Festas do San Martiño, que se desenvolverá entre o 10 ata o 12 de novembro. Música, teatro, magosto, xogos tradicionais e inchables, constitúen as apostas do Concello coa colaboración de colectivos da vila, para unhas festas variadas e diversas, que seconcentrarán na carpa situada en As Lagoas, ademais doutras localizacións.

O domingo haberá animación de rúa pola mañá coa charanga Os Jaláticos. Ás 12 horas desenvolveranse os oficios relixiosos na igrexa na honra de San Roque, nos que a Coral Polifónica de Bueu poñerá o toque musical.

Pola tarde voltarán os xogos tradicionais e inchables á carpa, e ás 17 horas poderase gozar dun magosto popular organizado coa colaboración das asociacións de nais e pais dos colexios da vila. Ás 18.30 horas, o Centro Social do Mar volverá organizar, tras o éxito do ano pasado, o II Concerto de Corais de San Martiño, un evento no que actuarán as corais da vila, como a Coral Polifónica de Beluso, a Coral Polifónica Marusía, o Coro de Cela e a Coral Polifónica de Bueu.

Os festexos rematarán ás 20.30 h coa verbena a cargo do Grupo Ti Tac na carpa de As Lagoas.