Festas de San Martiño: teatro ‘O Grocho’
Evento xa rematado
-
Data
13 noviembre, 2021
-
Hora
9:00 pm - 10:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Centro Social do Mar acollerá o sábado 13 de novembro a obra de teatro «O Grocho», que representará Teatro de Ningures ás 21.00 h. Esta obra, que está financiada pola Deputación de Pontevedra no marco do programa ‘Tornar ás táboas’, conta a historia dun pequeno ogro que vive só coa súa nai nunha casa no medio dun tupido bosque, apartado da comunidade. O día en que empeza a ir á escola e ve a outros nenos descobre a súa diferenza, non só no seu tamaño, senón tamén no seu instinto: é o fillo dun ogro que a súa nai amou de forma apaixonada.
O Ogrocho, cos seus seis anos, a súa forza extraordinaria e a súa terrible herdanza, intenta reconciliarse coa súa parte oculta, dominar os seus instintos nun intento de parecerse aos demáis.. Para elo ten que superar tres probas….
Este relato negro e tenro inspírase nos contos tradicionais e está escrito coa finura e intelixencia da gran autora para público infantil, Suzanne Lebeau.
O Ogrocho aborda moitos e variados conceptos: a superación, a imaxinación, o amor, a natureza humana, a valentía, a moral, o lúdico da vida, a morte, a violencia, a represión, o abandono, a mentira, a soidade e o engano.
Ao expoñer as polaridades de dous personaxes fai que non os situemos como bos ou malos, senón como a seres complexos e cheos de emocións, de maneira que pode así mostrarse unha boa síntese da vida.