Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Festas da Banda do Río

Evento xa rematado

A Asociación de Festas Patronais de Bueu organiza do 15 ao 17 de setembro as festas da Banda do Río. Haberá festexos relixiosos e musicais.

O venres haberá verbena a partir das 22 horas coas orquestras Capitol e América. O sábado ás 12 horas terá lugar unha degustación gratuíta de sidra tradicional na pista da Banda do Río, e ás 22 horas, a verbena estará amenizada por Los Players e Trébol. O remate será o domingo coa apertura dos postos de venda de sidra ás 11 horas e pasarrúas coa Banda de Música Artística de Bueu, rematando pola noite, ás 21 horas, coa verbena a cargo do Combo Dominicano.