Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Festa infantil Gymkhana Fecimo

Evento xa rematado

O 3 de xaneiro, a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO) organizan unha festa infantil con gymkhana na Praza do Concello a partir das 17.00 horas.

A federación propón por sétimo ano consecutivo esta iniciativa coa que os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos divirtense durante o Nadal, convidándoos a utilizar o galego de xeito diario e normalizado.

Desta vez atoparanse con probas relacionadas cos animais e o vocabulario relacionado con estes (nomes, hábitos, alimentación, lugares onde viven, etc.) A organización pretende así familiarizalos dunha forma lúdica e participativa coa fauna e a natureza que maiormente reflexa a nosa contorna.

É unha actividade cunha gran repercusión que move a nenos e familias tanto nos días que dura a xincana como nas actividades de animación que se realizan ao finalizar.

Por suposto, ademáis conséguese dar visibilidade aos establecementos asociados, pois os cativos deben percorrer as rúas de Bueu, Cangas e Moaña resolvendo as preguntas que se lles propoñen. As familias teñen oportunidade de interactuar co tecido empresarial da zona e coñecer a diversidade do comercio local.

Máis información na páxina web de FECIMO.