Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Festa das Alfombras Florais: espectáculo de teatro e danza «Habitarme»

Evento xa rematado

O 10 de xuño ás 22 horas terá lugar a representación da obra ‘Habitarme’ da Compañía de Danza e Teatro Al lío, financiada pola Deputación de Pontevedra. A peza representarase no Centro Social do Mar e o acceso a esta será de balde ata completar aforo.

‘Habitarme’ é unha peza de danza teatro que, tal e como explican dende a fundación ‘Igual-Arte’, trata sobre mulleres diversas, ben habitadas, desexantes, facedoras, que cuestionan e que se cuestionan, sobre mulleres que desacomodan, que escollen moverse e buscar outros modos. A fundación artística integral‘Igual-Arte’ acolle a persoas con capacidades diferentes e xurdiu no 2002 baixo o cometido de abrir un espazo no cal as persoas con diversidade funcional puidesen expresarse de maneira artística.