Faladoiro sobre Maruja Mallo
Evento xa rematado
-
Data
12 abril, 2023
-
Hora
7:00 pm - 8:00 pm
A Deputación de Pontevedra organiza o faladoiro sobre Maruja Mallo, que será impartido por Loli Docampo o próximo 12 de abril ás 19 horas na Sala Nobre do Museo Massó.
Maruja Mallo é o nome dunha artista cosmopolita construída sobre unha moza nada en Viveiro en 1902. Transgresora no vivir, no falar e no pintar, formou parte das Sensombreiro e foi facéndose un merecido oco no seminal mundo da arte do século XX ata chegar a se converter nunha das figuras máis representativas da xeración do 27 e nun dos grandes expoñentes internacionais do surrealismo figurativo. Dalí definiuna como “metade anxo, metade marisco”. Lorca asegurou que os seus cadros son os que vira pintados “con máis imaxinación, emoción e sensualidade”. E María Zambrano dixo dela que cometeu un dos erros máis destrutivos e imperdoables: ser libre.
Esta actividade forma parte do programa de Aquí faltan páxinas, co que a Deputación de Pontevedra quere reivindicar e recuperar as voces das mulleres silenciadas pola historia.