Faladoiro literario Libraría Abrente: “Xelarias” de Emma Pedreira e Laura Romero

Evento xa rematado

A Libraría Abrente continúa cos faladoiros literarios na rede. O próximo 13 de maio terá lugar unha conversa arredor do libro Xelarias, no que participarán a escritora Emma Pedreira, a ilustradora Laura Romero e a editora Belén Vázquez. O acto poderase seguir a partir das 21.00 h dende o Facebook Live da Libraría Abrente.

Sinopse do libro: A través dunha conversa a tres bandas, Emma Pedreira e Laura Romero preséntannos a Xela Arias, poeta, tradutora, docente, letrista e, sobre todo, muller transgresora.

Poemas a dúas voces, colaxes e ilustracións para recuperar e coñecer a figura dunha das nosas voces máis interesantes e, se cadra, máis descoñecidas da literatura.