Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Faladoiro literario Libraría Abrente: «Abril» de Luz Darriba

Evento xa rematado

A Libraría Abrente continúa cos faladoiros literarios na rede. O próximo 15 de abril terá lugar unha conversa arredor do libro Abril, coa autora Luz Darriba e a editora Edurne Baines. O acto poderase seguir a partir das 21.00 h dende o Facebook Live da Libraría Abrente.

Sinopse do libro: Nesta novela, Luz Darriba tece, entre Galicia e o Río da Prata, os fíos dunha manta que nos abeire e nos salve da barbarie. Que salve as súas dúas protagonistas das arremetidas dun escuro mar de dúbidas e mentiras. Dun pasado que esixe reparación e esperanza.