Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Exposición Entroido: homenaxe a Agustín Gutiérrez

Evento xa rematado

O Concello de Bueu e o Comité de Entroido acordaron homenaxear a Agustín Gutiérrez. Por iso, do 21 de febreiro ao 1 de marzo poderase visitar unha exposición fotográfica nas instalacións do Estaleiro da Banda do Río e da Sala Amalia Domínguez Búa, na que se poderán ver os deseños inesquecibles desta figura mítica do noso Entroido.

Ademais, o 29 de febreiro terá lugar un recoñecemento oficial a Agustín Gutiérrez. Así, ás 17.00 h actuarán as comparsas da vila na Praza Massó e, a continuación, farase entrega dun agasallo institucional ao homenaxeado.