Exposición do traxe tradicional de Lugo
Evento xa rematado
-
Inicio
28 agosto, 2018
11:00 am -
Fin
2 septiembre, 2018
9:00 pm -
Sala Amalia Dominguez Búa
Eduardo Vincenti, 2 36930 - Bueu
A Sala Domínguez Búa acolle do 28 de agosto ao 2 de setembro unha exposición sobre o traxe tradicional de Lugo, da man de Traxandaina no marco das Xornadas Etnográficas do Morrazo. O horario de visita será de 11.00 a 15.00 e de 18.00 a 21.00 h.
A inauguración da mostra será o 28 de de agosto ás 20.30 horas.
Traxandaina é un obradoiro artesán rexistrado coa marca Artesanía de Galicia, con sede en Lugo e longa traxectoria no estudo, localización e confección de indumentaria tradicional. A súa paixón e prioridade son o rescate e conservación de formas, bordados, tecidos e cores, polo cal todo o seu traballo está feito exclusivamente coas técnicas de teceduría, patronaxe ecostura de antano.
Esta pequena exposición composta por 15 traxes conforma unha mostra dunhas vestimentas recollidas na provincia de Lugo e selecionadas da exposición: «Traxandaina, O traxe aldeán de garda nas terras de Lugo», dintinguida co selo: 2018: Año Europeo del Patrimonio Cultural.
Trátase dunha colección de traxes de domingar de finais do s. XIX e principios do s. XX., con diferentes vestidos feitos e lucidos ao final do s. XIX e principios do s. XX. Son traxes que usaban as mulleres do rural para lucir os días de feira, os domingos para ir á misa ou casar, as mellores prendas que tiñan no seu armario, por tanto.
Na exposición pode verse unha colección de traxes que proceden entre outros concellos de Baleira, A Fonsagrada, Castroverde, O Corgo, Sarria, Portomarín ou Guntín, recollidos polo colectivo Traxandaina nas casas da provincia.
A mostra complétase con mandís de mostra, mantelas ou lensas que cobren a saia, os refaixos bordados a man, camisas de liño de corte rectos para aproveitar os anchos do tear e mantillós de gala, mandís de traballo, panos de peito, de cabeza, toucas de pelo de cabra e mantóns de lá feitos no Val de San Lourenzo.