Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Excursión Illa de San Simón

Evento xa rematado

A concellaría de deportes de Bueu organiza o 15 de xuño unha excursión de fin de curso para as persoas participantes nas clases de ximnasia municipais, na que se visitará a Illa de San Simón, Meirande- Museo de Rande e se realizará unha ruta de sendeirismo.

A inscrición poderá realizarse no Departamento de Deportes: 4 e 5 de xuño para as persoas participantes nas actividades ximnásticas do Concello, e o 6 e 7 de xuño aberta segundo a dispoñibilidade de prazas.

Para máis información poderedes chamar ao teléfono 986324338