Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espectáculo Puño- Puñete

Evento xa rematado

No marco da Rede de Dinamización Lingüística, o Centro Social do Mar acolle o 29 de decembro, ás 12.00 h, o espectáculo Puño – Puñete, que incluirá música en directo, cantigas, contos e tradición oral e así, partindo de “-Puño, Puñete, que tes por dentro? – Pan e fermento! – Puño, Puñete, que tes por fóra? – Pan e cebola!”, Baobab convida aos cativos/as cos seus papás e mamás a descubrir un mundo de sensacións e emocións. O espectáculo está pensado para os máis pequenos/as, e apoiado cun disco. Recomendado de 1 a 7 anos.