Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espectáculo maxia: «Maxia con desgarbo» de Carlos Tomico

Evento xa rematado

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO) organizará o 8 de outubro o espectáculo de maxia «Maxia con desgarbo» de Carlos Tomico, que terá lugar ás 18 horas no Centro Social do Mar.

Nel atoparemos un espectáculo de ilusionismo, e diversión con toques surrealistas. Veremos como a maxia de Carlos toma as súas propias decisións, ás veces sen moito respecto polo pobre Carlos, que coa súa elegancia e compostura tentará dominar a maxia coa axuda do público antes de que o domine.

Esta actividade organízase no marco da campaña «Vive a maxia de mercar local», polo que as entradas se conseguirán nas empresas participantes na campaña mediante compras ou consumos superiores a 10 €, xa que co desconto a entrada sairá a 1 €.

O prezo da entrada sen desconto será de 6,00 €.

O importe recadado será invertido en fins sociais. Os espectáculos terán aforo limitado e a taquilla abrirá unha hora antes da celebración de cada espectáculo.