Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo musical: actuación The Manueles

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza durante todo o verán o programa Convida 2020, que ofrecerá espectáculos musicais, escénicos e cinematográficos para toda a familia. Todos estes eventos contan coas garantías de seguridade e saúde establecidas con motivo da Covid-19, polo que son totalmente seguros.

O 10 de agosto, o Parque Novas de Beluso acollerá a actuación de The Manueles ás 22.00 h. Este grupo de surf rock, formado polo guitarrista Virxilio da Silva, o baixista Juansi Santomé e o batería Chus Pazos, repasa o legado que deixou a inspiración do fundador do estilo, na costa californiana dos últimos cincuenta anos. Manuel Freitas, emigrante de Beluso en California, creou o grupo xerme do estilo, The Black Rinchas, sen chegar a gravar nunca un disco. A pesar do seu nulo legado discográfico, a súa lenda inspirou a grupos posteriores como The Shadows, The Ventures, Dick Dale ou Link Wray.