Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo musical: actuación Juyma Estévez Trio

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza durante todo o verán o programa Convida 2020, que ofrecerá espectáculos musicais, escénicos e cinematográficos para toda a familia.  Todos estes eventos contan coas garantías de seguridade e saúde establecidas con motivo da Covid-19, polo que son totalmente seguros.

O 3 de agosto, a Praza Massó acolle ás 22.00 h a actuación de Juyma Estévez Trio, conformado por Juyma Estévez, David Regueiro e Noli Torres, que presentarán o seu último disco ‘Viento del norte’.