Espazo musical: entrega de Premios Johán Carballeira e actuación de Tino Baz
Evento xa rematado
-
Data
17 agosto, 2020
-
Hora
9:30 pm - 11:30 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
-
O acto terá lugar no Auditorio do Centro Social do Mar ás 21.30 h e contará cunha actuación de Tino Baz
O Concello de Bueu organiza o próximo luns, 17 de agosto, Día da Galiza Mártir, o acto de entrega dos Premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo, que se celebrará no Auditorio do Centro Social do Mar a partir das 21.30 h.
O evento contará con Marcos Abalde Covelo, gañador da categoría de poesía con Alcatrán, e Nieves Neira, galardoada en xornalismo pola reportaxe ‘A fotógrafa, revelada’, publicada no Diario de Pontevedra e na que retrata a vida da fotógrafa pioneira na Galiza Maruja Roca.
A música do cantautor guardés Tino Baz poñerá o broche final a esta xornada, que contará con todas as medidas de seguridade e hixiene anticovid, como en todos os eventos deste verán promovidos polo Concello de Bueu.
Este certame naceu nos anos 90 coma unha homenaxe ao político, poeta e xornalista bueués, José Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johán Carballeira. Precisamente, está previsto que nos próximos días se publique o extracto das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, tras o que se abrirá o prazo para a presentación de traballos da vindeira edición.