Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo musical: actuación de Sheila Patricia

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza todos os luns unha serie de actuacións musicais para poñer en valor a cultura e ofrecer alternativas de lecer para a cidadanía nos diversos espazos da vila. O 20 de xullo, a cantautora Sheila Patricia actuará no Parque Ramal dos Galos a partir das 22.00 h. O evento, ao igual ca todos os promovidos no marco do programa Convida 2020, contará con todas as medidas de seguridade e hixiene establecidas para conter a Covid-19.

Sheila Patricia defínese no xénero “World Music” mostrando elegancia e sensibilidade, ademais de transmitir unha grande enerxía nos seus concertos. Actualmente atópase inmersa no seu novo traballo, íntegramente en galego. Unha volta cara ás súas orixes onde mestura ritmos da música tradicional, con música electrónica, e un claro baño de World music.