Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo musical: actuación de Alvariza

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza durante todo o verán o programa Convida 2020, que ofrecerá espectáculos musicais, escénicos e cinematográficos para toda a familia. Todos estes eventos contan coas garantías de seguridade e saúde establecidas con motivo da Covid-19, polo que son totalmente seguros.

O 24 de agosto, o recinto de festas do Igrexario de Cela acollerá a actuación de Alvariza a partir das 22.00 horas.

Alvariza é un grupo de música folk e tradicional galega formado por oito persoas. A formación nace no ano 2000 coa intención de preservar a música que antigamente se facía nas verbenas de finais do século XIX e principios do XX cun tipo moi determinado de formacións que eran as orquestinas, as murgas ou charangas.