Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo escénico: ‘Superheroe’ de Fran Rei

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza durante todo o verán o programa Convida 2020, que ofrecerá espectáculos musicais, escénicos e cinematográficos para toda a familia. Todos estes eventos contan coas garantías de seguridade e saúde establecidas con motivo da Covid-19, polo que son totalmente seguros.

O 18 de agosto, o Centro Social do Mar acollerá ás 21.00 h o espectáculo ‘Superheroe’ da man de Fran Rei.

SINOPSE: En ausencia, por motivos laborais, de Supernai, o noso Superheroe deberá salvar a humanidade de terribles ameazas, sen esquecer a conciliación. Así, deberá loitar contra perigosos axentes malignos mentres prepara as merendas, pon unha lavadora ou cambia un cueiro. E todo, no axustado tempo que lle deixa a apertada axenda de actividades extraescolares dos seus fillos.