Espazo escénico: «Riscando o ceo» de Circo Chosco
Evento xa rematado
-
Data
11 agosto, 2020
-
Hora
9:00 pm - 10:00 pm
O Concello de Bueu organiza durante todo o verán o programa Convida 2020, que ofrecerá espectáculos musicais, escénicos e cinematográficos para toda a familia. Todos estes eventos contan coas garantías de seguridade e saúde establecidas con motivo da Covid-19, polo que son totalmente seguros.
O 11 de agosto, o Parque Novas de Beluso acolle ás 21.00 horas a actuación de ‘Riscando o ceo’ da compañía Circo Chosco.
SINOPSE: Riscando o ceo lévanos a un mundo onde o circo aparece en forma de humor, maxia, risco, malabar, acrobacias e equilibrios imposibles. Un ton absurdo e reflexivo que fai que nos reformulemos o esencial das cousas. Inspirado no incrible mundo de O Principiño de Antoine de Saint-Exupery, Riscando o ceo é un espectáculo próximo e moi visual que fai que o público viaxe co perigo e a risa. Un show de circo que emocionará a todo tipo de persoas a través dun clown que nos fará ver as cousas do revés… porque, como se di en O Principiño, «o esencial é invisible aos ollos.