Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo escénico: «Flipa cos contos» de Bandullo azul

Evento xa rematado

No marco do programa Convida Bueu 2020, o Concello de Bueu programará todos os martes do verán actuacións escénicas para público familiar en diversos espazos da vila.

O 25 de agosto, a Escola do Torrecino de Cela acollerá a actuación de Bandullo Azul, que nos presentará o seu espectáculo «Flipa cos contos».

SINOPSE: Unha sesión «filipante» de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e humor repártense entre os dous contadores que soben a escena: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional: a súa experiencia. Pero ollo, que non son uns contos calquera. Entre eses contos haberá tamén historias cantadas. Haberá historias e xogos de palabras feitas cancións. Historias non só do noso entorno máis próximo, senón tamén doutras terras. Contos «filipantes», acompañados dunha guitarra. Fran Campos e Filipa, os dous e cadaquén ao seu xeito, farán posible unha sesión para todos os públicos. Tanto nenas e nenos como maiores poderán gozar, aprender, reflexionar… desde as súas distintas visións dos contos populares.